Charanga · Tui · Pontevedra
A festa comeza cando chegamos
A Charanga Cantos Somos é unha agrupación musical de Tui, Pontevedra, formada por 9 músicos de vento e percusión, con máis de 15 anos de experiencia na animación musical en festas populares, pasarrúas e eventos festivos.
A súa proposta está pensada para dinamizar o ambiente festivo e conectar con públicos de todas as idades, ofrecendo un espectáculo dinámico e participativo con música en directo e gran proximidade co público.
Participamos habitualmente en festas patronais e eventos populares en Galicia, destacando pola nosa enerxía, capacidade de animación e adaptación aos distintos momentos da festa.
Versións festivas de música popular especialmente pensadas para animar rúas e prazas. Podedes pedir os vosos temas con antelación.
Os clásicos que fan mover os pés a toda a praza. O son da festa tradicional.
Temas galegos e populares con arranxos propios para charanga.
As cancións máis coñecidas da actualidade en versión charanga festeira.
Ritmos que enganchan e non deixan quieto a ninguén na praza.
Próximamente poderedes escoitar as nosas gravacións aquí.
As fotos e vídeos aparecerán aquí en breve.
Non hai eventos próximos programados de momento. Contacta con nós para consultar dispoñibilidade.
Para reservas e contratación: escríbenos ou chámanos por WhatsApp.